Nesta sección publicamos información xeral sobre a PAC, así como análises máis polo miúdo sobre aspectos concretos desta política, para axudar aos profesores e alumnos a prepararse para as sesións de xogo.
A Política Agrícola Común (PAC) é unha das maiores fontes de financiación pública da Unión Europea e contribúe a manter o nivel de renda e a calidade de vida das comunidades rurais.
Tamén contribúe a mellorar a sostibilidade ambiental das explotacións agrarias e do medio ambiente en xeral, polo que é fundamental para o éxito do Pacto Verde Europeo. Con todo, segue habendo un gran descoñecemento entre a poboación en xeral sobre a contribución desta política, o que contribúe á proliferación de ideas erróneas e “fake news”.
Estamos actualmente nun momento crucial, xa que as institucións europeas veñen de chegar a un acordo para renovar a PAC coa intención de facela máis xusta a nivel social, máis ecolóxica e máis flexible.
Ao fomento dun sector agrícola intelixente, resistente e diversificado que garanta a seguridade alimentaria.
Á intensificación do coidado do medio ambiente e a acción polo clima, contribuíndo a acadar os obxectivos climáticos e ambientais da UE.
Ao fortalecemento do tecido socio-económico das zonas rurais.
A futura PAC será un instrumento importante para xestionar a transición cara a sistemas sostibles de produción de alimentos e para intensificar os esforzos dos agricultores europeos para contribuír aos obxectivos climáticos da UE e protexer o medio ambiente, así como para acadar as metas establecidas na Estratexia da Granxa á Mesa e na Estratexia sobre a Biodiversidade.
Máis información:
Financiado polo programa IMCAP da Unión Europea
O contido da presente web representa unicamente as opinións do autor e é responsabilidade exlcusiva deste. A Comisión Europea non asume ningunha responsabilidade polo uso que puidese facerse da información contida no devandito material.