Un xeito divertido de impulsar a PAC entre as novas xeracións

logo funcap largo transparente

O FunCAP é un proxecto coordinado pola Fundación Juana de Vega e financiado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP) da Unión Europea (UE).

Ten como principal obxectivo aumentar a confianza na UE e demostrar que a Política Agrícola Común (PAC) é unha das políticas máis importantes na construción da UE para todos os cidadáns.

Para iso estamos a desenvolver un xogo de mesa que logo probaremos en 15 escolas de Galicia e de Portugal para trasladar dun modo divertido os principais beneficios da PAC, o Pacto Verde Europeo e a Estratexia da Granxa á Mesa.

xogo de mesa

XOGO DE MESA

Un xogo de mesa para trasladar dun modo divertido os principais beneficios da PAC, o Pacto Verde Europeo e a Estratexia da Granxa á Mesa.

14 escolas

15 ESCOLAS

Un xogo de mesa que probaremos en 15 escolas de Galicia e de Portugal

divertido

DIVERTIDO

Un xeito divertido de impulsar a PAC entre as novas xeracións da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

estudantes

MÁIS DE 500 ESTUDANTES

Un xogo de mesa que probaremos con máis de 500 estudantes de Galicia e de Portugal

logo mini

FunCAP

PROXECTO

A Política Agrícola Común (PAC) é unha das maiores fontes de financiación pública da Unión Europea e contribúe a manter o nivel de renda e a calidade de vida das comunidades rurais. Tamén contribúe a mellorar a sostibilidade ambiental das explotacións agrarias e do medio ambiente en xeral, polo que é fundamental para o éxito do Pacto Verde Europeo.

Con todo, segue habendo un gran descoñecemento entre a poboación en xeral sobre a contribución desta política, o que contribúe á proliferación de ideas erróneas e “fake news”. A necesidade de información faise especialmente importante en áreas como a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se configura actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, chea de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro, así comounha alta proporción de poboación rural.

Neste contexto, o obxectivo do proxecto FunCAP é aumentar a confianza na UE, demostrandoque a PAC é una das políticas máis importantes para todos os cidadáns na construción da UE.

Que fixemos?

Desenvolvemos un xogo de mesa que logo usamos como ferramenta pedagóxica en 15 escolas de Galicia e de Portugal para trasladar dun modo divertido os principais beneficios da PAC, do Pacto Verde Europeo e da Estratexia da Granxa á Mesa.

Que resultados acadamos?

Máis fácil acceso á información sobre a PAC na Eurorrexión

Publicáronse 24 artigos sobre os obxectivos da PAC e o Pacto Verde Europeo en medios especializados (12 en cada país)

Unha poboación mellor informada

Elaboráronse 5 micro-vídeos desmentindo ideas erróneas e desinformación sobre os obxectivos desta política

Especial énfase en aumentar o coñecemento dos máis novos

Traballamos con máis de 500 estudantes de 15 escolas

Implicación de actores de distintos sectores da poboación

Organizamos 2 seminarios online con expertos e un encontro final con estudantes e profesorado das escolas participantes e outros axentes relevantes

dados xogo de mesa

Un xogo de mesa que probamos en
15 escolas de Galicia e de Portugal

A partir da versión física do xogo, un grupo de estudantes do IES de Ortigueira elaborou unha serie de xogos online para aprender máis do proxecto FunCAP e da nova PAC.

logo mini

MicroVideos

DESMONTANDO "FAKE NEWS"

Reproducir vídeo

TÍTULO DEL VÍDEO QUE PUEDE SER MÁS O MENOS EXTENSO.

Reproducir vídeo

TÍTULO DEL VÍDEO QUE PUEDE SER MÁS O MENOS EXTENSO.

Reproducir vídeo

TÍTULO DEL VÍDEO QUE PUEDE SER MÁS O MENOS EXTENSO.

logo mini

FunCAP

PARTICIPANTES

O proxecto FunCAP está coordinador pola Fundación Juana de Vega, unha organización que traballa día a día con diferentes empresas e institucións co fin de promover o coñecemento, conservación e desenvolvemento do medio rural de Galicia.

logo funcap largo transparente
logo unión europea
logo mini

Noticias e novidades

ACTUALIDADE FUNCAP