Proxecto
UNHA INTRODUCIÓN
A Política Agrícola Común (PAC) é unha das maiores fontes de financiación pública da Unión Europea e contribúe a manter o nivel de renda e a calidade de vida das comunidades rurais. Tamén contribúe a mellorar a sostibilidade ambiental das explotacións agrarias e do medio ambiente en xeral, polo que é fundamental para o éxito do Pacto Verde Europeo. Con todo, segue habendo un gran descoñecemento entre a poboación en xeral sobre a contribución desta política, o que contribúe á proliferación de ideas erróneas e “fake news”.
A necesidade de información faise especialmente importante en áreas como a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se configura actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, chea de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro, así comounha alta proporción de poboación rural.
Neste contexto, o obxectivo do proxecto FunCAP é aumentar a confianza na UE, demostrandoque a PAC é una das políticas máis importantes para todos os cidadáns na construción da UE.


FunCAP
Os nosos obxectivos:
- Ampliar o coñecemento dos cidadáns da Eurorrexión sobre a PAC e a súa contribución á protección do medio ambiente.
- Contribuír a desmontar percepcións erróneas
- Traballar con mozos e mozas e os seus profesores para que se acheguen dunha forma lúdica e cunha visión positiva ao medio rural
- Resaltar as oportunidades e retos que a nova PAC e a Estratexia da Granxa á Mesa ofrecen para os agricultores e gandeiros da Eurorrexión
Que imos facer?
Imos desenvolver un xogo de mesa sobre a PAC que usaremos como ferramenta pedagóxica en 14 escolas de Galicia e do Norte de Portugal.

FunCAP
Que resultados esperamos?

-
Máis fácil acceso á información sobre a PAC na Eurorrexión
Prevense 12 artigos por país publicados na prensa sobre os obxectivos da PAC e o Pacto Verde Europeo e unas 15.000 visitas á páxina web do proxecto -
Unha poboación mellor informada
Prevense 5 micro-vídeos desmentindo ideas erróneas e desinformación sobre os obxectivos desta política -
Especial énfase en aumentar o coñecemento dos máis novos
Traballaremos con 400 estudantes de 14 escolas -
Implicación de actores de distintos sectores da poboación
Organizaremos 2 seminarios online con expertos e prevemos a participación de 100 persoas no seminario final