O proxecto FunCAP remata e dá paso a unha nova etapa

O proxecto FunCAP rematou o pasado mes de xullo, pero desde a Fundación Juana de Vega dámoslle continuidade co proxecto KICAP, unha novidosa iniciativa financiada polo programa IMCAP da Unión Europea para divulgar e poñer en valor como as axudas da Política Agraria Común (PAC) están permitindo innovar e modernizar a agricultura e a gandería en Galicia e en Portugal.

A páxina web www.funcapproject.eu e os seus contidos seguirán dispoñibles para consulta, pero xa non se actualizarán. Para aprender máis sobre a PAC, a súa contribución á innovación no sector agrario e todas as actividades organizadas no marco do proxecto KICAP, podedes visitar a nova web www.kicap.eu e as súas redes sociais.

#CAP #IMCAP

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on email