A Fundación Juana de Vega organiza un webinar sobre “A nova PAC: retos e oportunidades para Portugal”

No contexto do proxecto europeo FunCAP, a Fundación Juana de Vega organiza o webinar “A nova PAC: retose oportunidades para Portugal”, que terá lugar nao próxima luns, 16 de maio de 2022, de 15:00 a 16:30 (hora de Lisboa).

O tema principal será a presentación dos principais elementos da nova Política Agrícola Común para o período 2023-2027 e o Plan Estratéxico da PAC para Portugal. Para abordar o tema, contaremos coa participación do profesor Artur Cristóvão (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro) e representantes da administración portuguesa (João Paulo Marques, Gabinete de Planeamento, Políticas e Administração Geral) e dos agricultores e gandeiros (Pedro Rei, Associação dos Jovens Agricultores de Portugal), que participarán nunha mesa redonda para explicar o que a PAC implica para eles e o que podemos esperar do próximo período.

Ademais, este webinar será tamén unha oportunidade para presentar as actividades do proxecto FunCAP para dar a coñecer os beneficios da PAC entre os mozos e mozas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O rexistro é gratuito e pódese facer na seguinte ligazón:

https://www.streamweb.es/a-nova-pac-desafios-e-oportunidades-para-portugal/

Webinar FunCAP Portugal – Programa final

@EUAgri #IMCAP

 

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on email