O proxecto europeo FunCAP para difundir a PAC entre os mozos e mozas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal iníciase co alumnado do IES de Ortigueira

Ortigueira, 31 de marzo de 2022.- Un total de 39 alumnos e alumnas do IES de Ortigueira, na Coruña, inauguraron esta mañá a última fase de FunCAP, un proxecto europeo para difundir entre a xuventude os beneficios da Política Agraria Común (PAC) na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

En total, máis de 400 alumnos e alumnas de 14 escolas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal participarán ao longo das próximas semanas en FunCAP. A través dun xogo de cartas, “Os Soutos do Norte”, trasladaránselle ao alumnado dun xeito divertido os principais beneficios da PAC, o Pacto Verde Europeo e a Estratexia da Granxa á Mesa, así como os cambios que suporá o novo período da PAC a partir do ano 2023.

No caso do IES de Ortigueira participaron 19 alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Bacharelato e 20 de cuarto da ESO. Nesta primeira sesión, que durou 2 horas, os estudantes coñeceron as normas e familiarizáronse co xogo, creado pola empresa galega Brazolinda, para nunha segunda sesión, prevista para o 28 de abril, completar a sesión profundizando máis na reflexión conxunta sobre os temas tratados durante o xogo.

A acollida foi moi boa, cun alumnado moi involucrado e entusiasmado co xogo. Nesta primeira sesión aprenderon a montar a súa propia granxa, conseguir recursos e terras e ir logrando beneficios para reinvestilos. Nunha segunda sesión avanzaremos para incidir máis na relación coa Política Agraria Común e o compromiso do sector produtor coa sociedade e co medioambiente”, destacan desde a Fundación Juana de Vega.

Alumnado do IES de Ortigueira participando no proxecto FunCAP

14 centros de Galicia e do Norte de Portugal participan no proxecto:

Durante os próximos dous meses (abril e maio), o proxecto FunCAP visitará as demais escolas participantes, entre as que se inclúen en Galicia:

  • EFA Fonteboa-. Feiranova s/n 15147 Coristanco (A Coruña)
  • IES Arzúa- Rúa do Castro s/n, 15810 Arzúa (A Coruña)
  • Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude. Lugar de Quián, 15881 Sergude – Boqueixón (A Coruña)
  • Centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá. Pena do Pico, 27695 Becerreá (Lugo)
  • Centro de formación e experimentación agroforestal de Lourizán. Rúa Igrexa, 19, 36153 Lourizán (Pontevedra)
  • IES de Ortigueira. Avenida da constitución s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña)
  • IES Arcebispo Xelmírez II. Rúa Irmandiños 15, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

E por parte portuguesa, os centros escolares que colaboran con FunCAP son:

  • Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento rural de Marco de Canaveses Rua da Igreja, nº78, 4625-390 Rosém (Portugal)
  • Escola Profissional Agrícola Conde de São Bento. Largo Abade Pedrosa, 4780-368 Santo Tirso (Portugal)
  • Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural de Ponte de Lima. Quinta do Cruzeiro, Rua de S. Mamede de Arca 768, 4990-202 Ponte de Lima (Portugal)
  • Escola Profissional Agrícola Eng. Silva Nunes. Rua de Quintela nº15, 4890-414 Molares Celorico de Basto (Portugal)
  • Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural de Vagos. Estrada Florestal – Gafanha da Boa-Hora, 3840-254 Vagos
  • Escola Profissional do Alto Douro. Rua Oliveira dos Amores, 5130-338 São João da Pesqueira Viseu (Portugal)
  • ETAP – Escola Profissional. Avenida do Centro Cívico, 4910-431 vila Praia de Âncora (Portugal)

Un comité asesor formado por unha ampla representación do sector primario

O proxecto FunCAP conta tamén cun Comité Asesor integrado por unha ampla representación do sector agrogandeiro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Así, por parte da Fundación Juana de Vega está integrado por José Manuel Andrade Calvo e Alfonso Ribas Álvarez; como expertos na PAC conta cos profesores universitarios Edelmiro López e Artur Cristóvão; por parte dos produtores a representación corre a cargo de Javier Iglesias e de Armando Fontainhas. Ademais, o Comité Asesor conta tamén con Manuel López Luaces, como representante da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Rosario Couto López, representando á Consellería de Educación da Xunta de Galicia, e Luis García e Rui Ribeiro, en representación das escolas participantes.

 

Máis información sobre o proxecto FunCAP: www.funcapproject.eu

@EUAgri #IMCAP

Contacto para medios: 690 100 430

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on email