A Coruña, 16 de marzo 2022.- A Fundación Juana de Vega organiza o vindeiro mércores, 23 de marzo, un webinar sobre “A nova PAC: retos e oportunidades para Galicia”, que se celebrará no marco do proxecto europeo FunCAP, financiado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP).
O tema central da xornada será a presentación das liñas básicas da Política Agraria Común para o período 2023-2027 a nivel xeral, así como as principais medidas propostas para España e Galicia no Plan Estratéxico enviado a Bruxelas. Para abordar este tema, contarase coa presenza de Edelmiro López Iglesias, investigador da Universidade de Santiago de Compostela e experto na PAC. Posteriormente, representantes da administración autonómica e dos agricultores e gandeiros, participarán nunha mesa redonda para explicar que implica a PAC para eles e que agardan do próximo período.
Ademais, este webinar será unha oportunidade para dar a coñecer as actividades que se están a desenvolver no marco do proxecto FunCAP para promover a PAC entre as novas xeracións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dun xeito divertido.
A inscrición para o webinar xa está aberta e pode realizarse a través desta ligazón: https://www.streamweb.es/a-nova-pac-retos-e-oportunidades-para-galicia/
Programa final – webinar “A nova PAC: retos e oportunidades para Galicia”
@EUAgri #IMCAP
Contacto para medios: 690 100 430