A produción de mel só cobre o 60% do consumo e a UE importa anualmente 200.000 toneladas de mel de países como Ucraína, China, Arxentina e México. A Comisión Europea pretende aumentar o número de colmeas a través da PAC. Ademais do aspecto produtivo, as abellas tamén polinizan outros cultivos.
A UE é o segundo maior produtor de mel do mundo, despois da China, que duplica á UE, cunha produción anual de 550.000 toneladas. Os mais de 600.000 apicultores e 18 millóns de comeas na Unión Europea xeran 280.000 toneladas de mel por ano, segundo os últimos datos publicados pola Comisión.
Con todo, esta produción non cobre o consumo interno e a UE vese obrigada a importar o 40% do seu consumo anual de mel, converténdose no maior importador mundial de mel.
Cerca de 200.000 toneladas de mel entran todos os anos no mercado da UE. A maior parte do mel importado provén de Ucraínda, China, Arxentina, México, Uruguai, Brasil, Cuba e Turquía. Portugal importou 6.300 toneladas de mel de países extracomunitarios en 2020, segundo os datos Comtext do Eurostat.
Nos últimos anos, China foi cedendo protagonismo a píses como Ucraínda nas importacións de mel comunitarias, aínda que a actual guerra no país poida facer variar a procedencia do mel que entra anualmente nas fronteiras da UE.
Entrementres, as exportacións representan o 7% da produción europea (cerca de 21.000 toneladas por ano), destinadas principalmente a mercados como Suíza, Arabia Saudita, Estados Unidos e Xapón.
A produción total aumentou nun 16% desde 2014
Segundo se recolle no último informe presentado pola Comisión Europea ao Parlamento e ao Consello(2019), a produción de mel na UE aumentou un 16% desde 2014, de 240.000 toneladas en 2014 a 283.000 toneladas en 2018.
España é o principal produtor de mel da UE, seguido de preto por Romanía, Hungría e Alemaña, aínda que esta clasificación varía dependendo do ano. Así, Romanía clasificouse por encima de España en 2018, cunha produción de 30,9 millóns de toneladas en comparación con 29,2 millóns de toneladas en España, 28,7 millóns de toneladas en Alemaña e 26 millóns de toneladas en Hungría, mentres que o ano anterior, 2017, Hungría era o principal produtor europeo con máis de 32 millóns de toneladas.
Portugal está no décimo lugar, cunha produción de 10,8 millóns de toneladas en 2018, o que representa unha redución significativa en relacións cos máis de 14 millóns de toneladas do ano anterior.
Recuperación do número de colmeas
Nos últimos anos, o número de colmeas da UE recuperouse, desde os 11,6 millóns en 2004 aos 18,9 millóns en 2020. España, Romanía, Polonia, Francia, Italia, Eslovenia e Hungría teñen o maior número de colmeas da UE.
Portugal ocupa a décima posición con 11.300 apicultores e 754.000 colmeas. Cada apicultor portugués posúe unha media de 66 colmeas, tres veces máis ca a media da UE (21).
Con todo, houbo unha diminución da produción media por colmea situada, dependendo do ano, en arredor de 20 quilos de promedio no conxunto da UE, pero que se sitúa en practiamente a metade en países como España.
Programas apícolas nacionais
Un total de 240 millóns de euros foron destinados no conxunto da UE aos programas apícolas nacionais entre os anos 2020 e 2022, o que representa un aumento do financiamento do 11% con respecto ao período anterior (2017-2019).
A metade dos cartos proveñen de fondos europeos e a outra metada é co-financiada polos diferentes Estados Membros segundo o número de colmeas en cada país. España é o país que maís fondos recibe (5,6 millóns de euros en 2000), seguido de Romanía. Portugal recibiu 1,7 millóns de euros en 2000 para a implementación do seu Programa Nacional de Apicultura.
Aínda que ata o de agora a adopción destes programas nacionais de apicultura era voluntaria, todos os Estados Membros optaron por adherirse. A maior parte dos cartos destínase a asistencia técnica e ao combate de enfermidades e pragas (varroose e vespa velutina, entre outras), mentres que só o 3% dos fondos se adica á promoción de produtos de calidade diferenciada.
A apicultura na PAC 2023-2027
Na sua proposta para a PAC post-2020, a Comisión propón a transferencia dos programas de apicultura do Regulamento da organización Común dos Mercados ao Plan Estratéxico da PAC.
Esta recolocación aumentará a visibilidade do sector apícola e garantirá que se teña en conta a súa contribución aos obxectivos globais da Política Agrícola Común. A proposta tamén inclúe un aumento do financiamento de programas de apicultura, ata os 60 millóns de euros por ano. Isto significa que durante o período de sete anos da futura PAC, o financiamento da Unión, xunto coas contribucións dos Estados membros, fará que o sector dispoña dun total de 840 millóns de euros.
Outro cambio introducido pola proposta é que a participación dos Estados Membros pase a ser obrigatoria. Se ben os programas apícolas eran voluntarios no marco da OCM, a Comisión propón que sexan obrigatorios nos plans estratéxicos da PAC dos Estados Membros.
Diferenzas significativas por países no prezo do mel
O 69% dos apicultores europeos son membros dunha asociación de produtores, aínda que a porcentaxe varía considerablemente dependendo do país: mentres que en Alemaña, por exemplo, practicamente todos os apicultures están organizados, en España son a minoría. En Portugal, o número é semellante á media da UE.
Existen tamén variacións significativas no prezo medio de venda do mel. O quilo de mel multifloral véndese a 19 euros en Irlanda, a 15 nos Países Baixos, a 13 en Finlandia e Bélxica e a 12 en Luxemburgo, mentres que no extremo contrario se sitúan países como Portugal (4 euros), Bulgaria (3 euros) ou Romanía (2 euros). España sitúase na media europea, cunha cotización media de arredor de 6,5 euros.
O mel importado de terceiros países cómprase a arredor de 2 euros por quilo, mentres que o custo medio de produción sería preto de 4 euros no conxunto da UE.
O valor dos polinizadores para a agricultura global
Máis aló do valor económico xerado polo sector apícola, está tamén a súa contribución a través dos servixos ecosistémicos que presta. Aínda que se estima que polo menos 20 tipos diferentes de animais proporcionan servizos de polinización para os cultivos máis importantes do mundo, as abellas melíferas son os insectos polinizadores por excelencia.
Segundo as estimacións da FAO, o 35% da produción agrícola mundial depende dos polinizadores e o seu traballo silencioso aumenta a produción de 87 dos principais cultivos alimentarios do mundo.
“As abellas polinizan un terzo do que comemos e desempeñan un papael vital na manutención dos ecosistemas do planeta. Cerca do 84% dos cultivos para consumo humano precisan de abellas ou outros insectos para polinizalos e aumentar o seu rendemento e calidade. A polinización das abellas non só resulta nun aumento da cantidade, senón que tamén pode mellorar a calidade dos produtos”, salienta a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura.
Améndoas, mazás, arandos, cogombros, cebolas, cabazas ou amorodos non serían posibles sen a acción dos insectos polinizadores. Pero non só a alimentación humana depende do seu traballo. A función polinizadora das abellas, por exemplo, é esencial para os cultivos de alimentos para animais, como a alfalfa.
Elevada mortalidade das colmeas
O primeiro programa europeo de monitorización da mortalidade das colmeas, realizado fai 10 anos e denominado proxecto Epilobee, analizou 176.860 colonias de abellas en 17 países da UE e os seus resultados alertaban xa da magnitude do problema (nun terzo dos Estados Membros as taxas de mortalidade excedían o 10% por ano).
Esta evolución, lonxe de corrixirse, empeorou. Cada 20 de maio, cando se celebra o Día Mundial das Abellas, os avisos repítense e os chamamentos para a súa protección multiplícanse.
Nos últimos anos, múltiples estudos científicos teñen alertado do declive das abellas, golpeadas por varias ameazas: pesticidas, cambio climático, a vespa asiática invasora e o ácaro Varroa. Pero hai unha, a destrución dos seus hábitats a través da agricultura intensiva baseada cada vez máis en monocultivos, que a PAC 2023-2027 pretende corrixir.
Fomentaranse, a través de instrumentos como a condicionalidade reforzada ou os ecoesquemas, corredorres verdes, marxes de parcela sen cultivar e zonas de biodiversidade e valor ambiental que contarán coa súa correspondente compensación económica.
Restrinxir o uso de pesticidas
Outro obxectivo europeo, recollido na Estratexia da Granxa á MEsa, é o da redución do 50% do uso de pesticidas nesta década, sobre todo dos máis perigosos e dañinos para o medio ambiente.
O uso de neonicotinóides, un grupo de inseticidas químicos, está prohibido na UE desde 2018. Está demostrado que algunhas das substancias dos que se compañen (clotianidina, imidacloprid e tiametoxam) afectan ao sistema nerviioso central dos insectos, sendo, polo tanto, prexudiciais para as ablelas, moi sensibles ao actual cóctel de agroquímicos empregados na produción agrícola.
Con todo, o propio REgulamento comunitario deixa aberta a porta á súa utilización cando existe “un perigo para os cultivos que non pode atallarse por outros medios razoables”. É baixo este suposto que a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA polas súas siglas en inglés) autorizou nas útlimas dúas campañas o suo de neonicotinoides en cultivos de remolacha azucreira en 11 países europeos: España, Francia, Alemaña, Bélxica, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Finlandia, Lituania, Polonia e Romanía.
A EFSA xustifica a súa decisión de autorizar os usos de emerxencia de neonicotinoides en remolacha pola “ausencia de métodos alternativos químicos e non químicos”. A remolacha azucreira (Beta vulgaris vulgaris) é o principal cultivo destinado á obtención de azucre industrial na UE, pero este tipo de pesticidas son de uso frecuente tamén noutros cultivos como o millo, o xirasol, a colza e o algodón. Aplícanselle á semente na fase de sementeira.
Os nicotinoides son os insecticidas máis empregados nos Estados Unidos.
Intervención obrigatoria na nova PAC para o sector apícola
O papel do sector apícola no mantemento da biodiversidade é incuestionable e así se reflexa tanto nos documentos da nova PAC como na Estratexia de Biodiversidade 2030 presentada pola Comisión Europea en maio de 2021. Pola súa propia natureza, as abellas son os polinizadores naturais máis importantes na maioría dos ecosistemas, e como tal a UE pretende favorecer o seu regreso ás terras agrícolas con medidas como a redución de pesticidas e o aumento das marxes non cultivadas.
Ademais, a Comisión Europea pretende promover e reforzar o sector apícola nos diferentes países da UE, promovendo o relevo xeracional e establecendo medidas de protección do mel europeo fronte ao importado de países de Europa do Leste, Asia ou América Latina.
A nova PAC prevé unha intervención sectorial obrigatoria en todos os Estados Membros, incluíndo unha serie de medidas que os apicultores e as súas organizacións poderán realizar, tales como servizos de aconsellamento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de boas prácticas; investimentos materiais e inmateriais; casí como outras accións, incluídas as destinadas a loitar contra os invasores e as enfermidades das colmeas, en particular a varrose; previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos e foemntar o desenvolvemento e a utilización de prácticas de xestión adaptadas a unhas condicións climáticas cambiantes; repoboar as colmeas da Unión,en particular mediante a cría de abellas e racionalizar a transhumancia.
Os Estados Membros deberán igualmente poñer en práctica medidas para fomentar a divulgación e promoción do valor dos produtos apícolas entre os consumidores. Isto, á súa vez, axudará a aumentar a produción de abellas e o seu papel polinizador na produción agrícola en toda a UE.
Artigo publicado orixinalmente en Voz do Campo.