Portugal é o 16.º país do mundo en termos de seguridade alimentaria, de acordo co índice da Economist Intelligence Unit. Os cereais son a súa principal fraqueza, xa que só produce arredor do 20% dos cereais que precisa.
Nos últimos dous anos, o país asistiu a unha sucesión de contementos que puxeron de manifesto a importancia de algo que daba por sentado: a seguridade alimentaria do país. Primeiro viñeron os confinamentos debido á pandemia por Covid-19, o que fomentou a compra de alimentos nos supermercados portugueses. E agora, a guerra entre Rusia e Ucraína, dous dos principais produtores de alimentos do mundo, puxo o foco de atención na seguridade alimentaria.
Contexto da PAC
A seguridade alimentaria de Portugal enténdese no contexto do mercado común europeo. A Unión Europea é autosuficiente en todos os produtos alimentarios agás na froita. Produce máis do que consume en leite, carne, cereais, vexetais e ovos.
O actual escenario de seguridade alimentaria en Europa foi acadado despois da Segunda Guerra Mundial, cando a escaseza de alimentos levou á creación da Política Agrícola Común (PAC) en 1962. Actualmente, a PAC mantén o apoio ao mundo rural, que é esencial para que os agricultores e gandeiros produzan alimentos a prezos accesibles para a poboación europea.
Dos 28 países do mundo con nivel máis alto de seguridade alimentaria, 15 son europeos, de acordo coa análise da Economist Intelligence Unit (2015), organización internacional de previsión económica. Portugal ocupa a décimo sexta posición no mundo e a décima en Europa.
Dispoñibilidade de alimentos en Portugal
Isto significa que Portugal ten garantida unha gran dispoñibilidade de todo tipo de alimentos, de calidade e a prezos accesibles. O contexto do mercado común europeo explica esta seguridade alimentaria, porque en realidade, o campo portugués mostra vulnerabilidades en parte das súas producións, especialmente en patacas e cereais.
Portugal só é autosuficiente en arredor do 20% dos cereais que necesita, de acordo con datos do INE, mentres que o resto ten que ser importado. Noutras áreas como a froita, carne e ovos, Portugal ten unha autosuficiencia superior ao 80%, con perspectivas de melloría. En vexetais é un claro exportador, producindo cerca do 134% das súas necesidades, de acordo cun estudo recente.
Guerra en Ucraínda, aumento de prezos e situación do mercado
Rusia e Ucraínda son dous dos principais celeiros de Europa, estando entre os maiores exportadores mundiais de trigo e millo. Por exemplo, Portugal importa anualmente de Ucraína máis de 75 millóns de euros de millo para alimentación animal.
O esperado bloqueo das exportacións dos mercados ruso e ucraíno xa impulsou os prezos futuros do trigo e do millo. Este aumento de prezos internacionais prodúcese nun contexto de mercado complicado, debido a dous factores principais. Primeiro, a seca na Península ibérica vai reducir a produción nesta estación. E en segundo lugar, o aumento do custo da enerxía, dos fertilizantes e das racións leva temén a un aumento do prezo dos cereais.
Dada esta situación, a necesidade de Portugal de importar cereais fai que o país sexa en certo modo vulnerable. Con todo, débese ter en conta que a FAO espera unha colleita cerealeira mundial récord en 2022, cunha boa dispoñibilidade de trigo e millo en países que tradicionalmente exportan a Portugal, como Brasil, Arxentina e Estados Unidos.