Os sectores da horta e o viñedo en Portugal están entre os que mellor aproveitaron as axudas da Política Agrícola Común (PAC) para incrementar o valor e o mercado dos seus produtos.
Os sectores do viñedo e, sobre todo, da horta en Portugal foron dos que mellor optimizaron as axudas da Política Agrícola Común (PAC) para modernizar as súas estruturas de produción, xerar valor e incrementar os seus mercados. Analizamos a situación de cada un deles:
Utilización da PAC para xerar valor no sector vitivinícola
Portugal é un caso singular dentro do mundo do viño: según os datos da Organización Internacional da Viña e o do Viño (OIV), é o país con maior consumo per cápita de viño, cunha media de 51 litros por habitante por ano, o doble que os españois (25 litros de media).
A área ocupada por viñedos en Portugal é de cerca de 190.000 hectáreas, cunha produción media anual de 6,6 millóns de hectolitros, o que o coloca en noveno lugar a nivel internacional. O consumo interno, no que se inclúe o dos aproximadamente 12 millóns de turistas que visitan o país cada ano, é duns 4,5 millóns de hectolitros.
O impacto socioeconómico do sector vitivinícola en Portugal é moi notable. Segundo os datos do Instituto da Vinha e do Vinho, factura algo máis de 1800 millóns de euros anuais, dos que cerca de 1000 corresponden a ventas no mercado nacional.
Instituto da Vinha e do Vinho: www.ivv.gov.pt
As exportacións de viño de Portugal experimentaron unha evolución moi positiva nos últimos 20 anos, tanto en valor como en volume. Así, segundo datos oficiais, pasaron de totalizar 503 millóns de euros no ano 2001 a 846 millóns de euros o pasado 2021, o que supón un crecemento do 57%. Tendo en conta que as importacións de viño en Portugal suman preto de 160 millóns de euros anuais, o sector vitivinícola reporta ao país luso unha balanza comercial positiva de máis de 650 millóns de euros. O prezo medio, segundo datos de Aduanas de Portugal, tamén evolucionou á alza, pasando dos 2,13 euros por litro en 2011 aos 2,71 euros o pasado ano (o prezo medio das exportacións de viño español é de 1,40 euros o litro).
Impacto da PAC
Detrás destes datos positivos hai unha estratexia acertada de promoción conxunta no exterior baixo a marca Wines of Portugal e un aproveitamento das axudas da PAC para optimizar a produción e para apostar por viños diferenciados.
Evolución da superficie vitícola en Portugal
A tendencia xeral en Portugal é unha lixeira diminución da superficie de viñedo, pero con excepcións. Así a rexión do Alentexo incrementou a súa superficie de viña e a do Douro mantense estable. Esta última é a primeira rexión vitícola de Portugal, co 22% da área plantada, seguida das rexións do Alentejo e Minho, co 13% e o 12% da superficie vitícola de portugal, respectivamente.
A tendencia xeral en Portugal é unha lixeira diminución da superficie de viñedo, pero con excepcións. Así a rexión do Alentejo incrementou a súa superficie de viña e a do Douro mantense estable. Esta última é a primeira rexión vitícola de Portugal, co 22% a área plantada, seguida das rexións do Alentejo e Minho, co 13% e o 12% da superficie vitícola de Portugal, respectivamente.
En Portugal as axudas europeas ao sector vitivinícola canalizáronse a través do Programa Nacional de Apoio (PNA), cunha duración de cinco anos.
O anterior programa, de 2014 a 2018, cunha dotación global de 326 millóns de euros, continuou coa estratexia de valorización do sector, canalizando as axudas (uns 65 millóns de euros ao ano), en catro medidas:
- Reestruturación das viñas
- Promoción en terceiros países
- Destilación de subprodutos
- Contratación de seguros de colleita
Cunha dotación económica similar, o Programa Nacional de Apoio 2019-2023 asegura a continuidade destas medidas de apoio.
Especial relevancia merece o programa de reestruturación e reconversión de viñedos (VITIS) que desde 2001 permitiu actuar sobre algo máis de 80.000 hectáreas de viñedo, o que corresponde co 40% da superficie vitícola portuguesa, cun pago dunha axuda de algo máis de 750 millóns de euros.
“A reestruturación e reconversión do viñedo, que inclúe o apoio á reconversión varietal – onde claramente se apostou por variedades autóctonas portuguesas – a relocalización do viñedo en emprazamentos máis adecuados, ou a mellora nas técnicas de xestión da viña, foron unha medida esencial para aumentar a competitividade do sector, ao facer posible a modernización do viñedo, aumentar o nivel de mecanización mellorando a xestión das explotacións vitícolas e reducindo os seus custos de produción”, conlúen desde o Instituto da Vinha e do Vinho.
Portugal pasou dunha agricultura medieval a unha moderna grazas á PAC
O sector hortifrutícola portugués foi un dos grandes beneficiados das axudas da PAC ao longo das últimas décadas. Como destaca o anterior ministro de Agricultura luso, Luís Capoulas Santos, “Portugal pasou dunha agricultura medieval a contar cun sector que compite coas superpotencias agrícolas grazas á Política Agraria Común”.
Un dato que confirma esta evolución cara a unha agricultura moderna é o da balanza comercial. Así, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, desde 2010 as exportacións portuguesas de froitas, legumes e flor cortada medrarun un 115%, pasando dos 780 millóns de euros en valor aos 1683 millóns de euros en 2020 (un 55% da produción nacional expórtase), cun volume de 1587 millóns de toneladas. Isto está permitindo reducir o déficit comercial deste sector: se en 2010 as exportacións soamente cubrían o 64,4% das importacións, en 2020 a taxa de cobertura foi de 94,7%.
En canto aos subsectores máis dinámicos da horta portuguesa destacan o das froitas, que representan o 47% das exportacións; seguido dos preparados de froitas e legumes, que supoñen o 28% das vendas ao exterior, mentre que a planta ornamental e flores pesan nun 6%. Por produtos, Portugal destaca na produción e exportación de froitos vermerllos (247 millóns de vendas ao exterior en 2020), seguido do tomate procesado (238 millóns) e os cítricos (179 millóns de euros en exportacións).
Para Rodrigo Vinagre, presidente do Centro Operativo e Tecnológico Hortofrutícola Nacional (COTHN), o sector hortofrutícola portugués conseguiu, grazas ás axudas da PAC, “modernizarse na última década tanto a nivel de xestión e mecanización do campo, como na industria agroalimentaria, que se adaptou ás últimas tecnoloxías de procesado e envasado da materia prima”.
“Ademais, conseguimos abrir moitos mercados tanto para os nosos produtos tradicionais (pera, mazá, tomate concentrado, pataca e pemento) como para novos produtos (froitos vermellos, kiwi, etc.). En definitiva, logramos un sector cun alto grao de profesionalidade que está preparado para os retos e cambios constantes do mercado”, destaca.
Previsións de axudas PAC para o sector vitícola e hortícola a partir de 2023
O Ministerio de Agricultura móstrase satisfeito co resultado da negociación para o novo período da PAC.
“Como resultado desta negociación, Portugal conseguiu, para a PAC, non só acadar, senón superar o seu obxectivo de negociación de garantir o orzamento do período actual ao lograr para 2021-2027 un total de 446 millóns de euros máis en comparación co período de 2014-2020. Así, están dispoñibles, a partir de 2021, 9,782 millóns de euros de fondos comunitarios distribuídos no primeiro pilar da PAC (pagos directos e medidas de mercado), con 5.509 millóns de euros, e no segundo pilar da PAC (o desenvolvemento rural), con 4,274 millóns de euros. Este montante global da PAC representa un aumento do 5% a prezos correntes, entre períodos de programación”, destacan desde o Ministerio de Agricultura.
En canto aos obxectivos do Plano Estratégico da PAC (PEPAC), que se aplicará en Portugal no período 2023-27, márcanse como principais retos garantir o abastecemento alimentario, mantendo os obxectivos ambientais, modernizar o sector agrícola e promover o desenvolvemento dos territorios rurais.
“O PEPAC prosigue tres grandes obxectivos xerais: garantir o abastecemento alimentario, contribuír á procura de obxectivos ambientais e climáticos e promover o desenvolvemento socioeconómico dos territorios rurais. Será dentro desta perspectiva de sostibilidade ambiental, económica, social e territorial que se van definir intervencións de cara ás necesidades identificadas”, explica a ministra da Agricultura, Maria do Céu Antunes.
A estratexia do sector hortofrutícola para os próximos anos
No caso específico do sector hortícola, os obxectivos definidos polos propios produtores a través da Estratexia Nacional para a Fileira Hortofrutícola son lograr un maior equilibrio na balanza comercial, crear máis valor engadido ao longo da cadea e aumentar a sostibilidade da produción encarando os retos que supón o cambio climático.
Para iso, o sector marca como obxectivos específicos, entre outros:
- Promover as organizacións de produtores, axilizar os procesos de recoñecemento, aumentar o teito de investimentos e manter a discriminación positiva nos proxectos de investimentos, máis alá de promover un cadro fiscal máis favorable.
- Apoiar a creación de estruturas de 2.º nivel orientadas á comercialización.
- Establecer unha estratexia concentrada entre a tutela e a produción para a apertura de mercados e establecer un plan de promoción para estes novos mercados.
- Apostar pola promoción da Marca Portugal no exterior e impulsar campañas de promoción no mercado interno, así como campañas de información debidamente esclarecedoras xunto co consumidor.
- Invertir na rede de comunicación ferroviaria, marítima e especialmente terrestre, debido aos custos asociados á situación xeográfica periférica de Portugal.
- Promover a investigación, involucrando á produción tanto a nivel dos procesos produtivos como a nivel do valor intrínsico das froitas e hortas nacionais.
- Apoiar a adopción de novas tecnoloxías e o respectivo apoio técnico no seno das organizacións e asociacións de produtores.
- Manter as axudas directas a produtos estratéxicos de cara á importancia económica que ten para o país.
- Redución da tarifa enerxética, negociación conxunta, mantemento e actualización da rede eléctrica nacional, así como creación dun plan estratéxico máis equilibrado entre a dispoñibilidade de venda para a rede pública e as necesidades requiridas polos produtores.
- Apostar polos regados públicos e privados e dar continuidade ás medidas de uso eficiente da auga.
- Reforzar os medios de protección contra axentes bióticos, especialmente apoiando a adopción de medios de loita alternativos, a utilización da biotecnoloxía e a implementación e o financiamento de plans nacionais para plagas, facendo uso preferente dos medios de loita biolóxica e biotécnica.
- Cuantificar e compensar os servizos públicos creados pola actividade agrícola no espazo rural e desenvolver os indicadores para os eco-reximes en colaboración coa produción.
- Atración da man de obra por medio da formación especializada e formas creativas de remuneración (seguros de saúde, etc.).
- Promocionar a incorporación da innovación nos sistemas produtivos a través do reforzo dos medios dispoñibles para a experimentación; realizar unha axenda de innovación para o sector; discriminar positivamente os proxectos presentados polo centro de cualificacións do sector; aprobar proxectos en base ao impacto económico da innovación e, finalmente, axilizar o apio ao investimento en ferramentas de prestación de servizos no ámbito da agricultura de precisión.
- Identificar medidas relevantes para o sector en termos das alteracións climáticas e adaptar e desenvolver novos mecanismos de xestión do risco.
Con esta estratexia o sector esper nun espazo de 10 anos acadar as seguintes metas:
- Acadar a media europea da produción organizada en 2030
- Aumentar as exportacións ata 2500 millóns de euros en 2030
- Manter a tendencia de aumento do consumo de froitas e hortalizas nacionais
- Equilibrar a balanza comercial en froitas e hortalizas en 2030
Artículo publicado orixinalmente en Voz do Campo.